CRTVG

Buscar

Ao Contraataque

Salomón Obama: "Mérida está desexando que chegue o Celta"

09/01/2020 - 23:23 h

O Celta enfrontarase ao Mérida este domingo na segunda eliminatoria da Copa do Rei.

E no conxunto extremeño ten a un xogador cedido, o hispano guineano Salomon Obama que se referiu en “Ao Contraataque” á posibilidade de xogar ante o seu equipo: “hai moitísima ilusión en Mérida, moi emocionados. Aquí vaise vivir unha festa impresionante. Fíxeronme bromas co da cláusula do medo (risas). O Celta vaise atopar unh afección moi metida, que lle gusta o fútbol, desexando que veña o Celta".

Obama espera regresar Ao conxunto vigués ao remate da temporada. A miña idea é voltar a Vigo. Estou moi agusto aquí, pero xa veremos cando remate a temporada. Falo moito con compañeiros do Celta B, agardo que gañen un partido para que despois veñan os resultados sós”

A actualidade deportiva con Pedro Pablo Alonso.