Ao Contraataque
Jorge Prado: "É posible gañar o mundial. Hai moitos pilotos con opcións, así podo acadar puntos máis rápido"
O bicampión do mundo de motocrós Jorge Prado xogou onte Ao contraataque.
O de Lugo disputará esta fin de semana o Gran Premio de España en Madrid e espera manter o nivel amosado nas últimas citas: "Cada semana vou mellorando as miñas sensacións. É posible gañar o mundial. Hai moitos pilotos que teñen opcións, iso faino interesante e pódeme axudar a acadar puntos máis rápido".
O Mundial volve ao noso país, pero claro, sen xente nas bancadas. Isto dicía o lugués: "É unha mágoa que o mundial volva a España e non poida haber público, pero o que podemos facer agora é estar agradecidos por poder competir".