CRTVG

Buscar

Ao Contraataque

Óscar Díaz: "Espero e desexo que o Lugo chegue a Primeira División algún ano"

06/10/2020 - 23:15 h

O exxogador de Club Deportivo Lugo e Mallorca, Óscar Díaz, xogou onte Ao contraataque, a cinco días do partido que enfrontará a ambos equipos no Anxo Carro:

"O Mallorca, excepto Budimir, mantén o bloque da primeira división da pasada temporada, cun grande adestrador, que eu tiven no Elxe, como Luis García. O Lugo consolidouse na categoría".

"Eu vivín un ano moi especial en Lugo, o mellor da miña carreira. Espero e desexo que o Lugo toque a primeira división algún día. Nun Lugo-Mallorca vou co Lugo sempre. A afección tratoume moi ben, en Mallorca non podo dicir o mesmo". 

A actualidade deportiva con Pedro Pablo Alonso.