CRTVG

Buscar

Ao Contraataque

Gustavo Cabral: "Hai similitudes entre o Celta de Mohamed e o de Berizzo"

08/11/2018 - 23:15 h

O central arxentino do Celta Gustavo Cabral concedeu unha entrevista 'Ao Contraataque' na xornada de onte. O zagueiro vigués destacou a melloría do equipo nas últimas xornadas e recoñeceu que o estilo de xogo que quere impoñer Mohamed aseméllase o que tiña o equipo con Toto Berizzo.

Ademais, o céltico considera o partido ante o Real Madrid do domingo moi difícil, máis sabendo que o equipo branco case sempre se lle atragantou aos vigueses nas últimas temporadas. 

Preguntado polo seu futuro, xa que remata contrato o vindeiro 30 de xuño, Cabral admitiu que lle gustaría retirarse no Celta pero a decisión non depende soamente del. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí