CRTVG

Buscar

Ao Contraataque

Borja Fernández, ex do Dépor e do Valladolid: "Luís César é un estudoso do fútbol"

08/10/2019 - 23:11 h

O ex ourensán Borja Fernández xogou onte “Ao Contraataque”.

O ex deportivista coincidiu con Luis César Sampedro no Valladolid e avaliou a chegada do vilagarcián ao equipo herculino : “É un adestrador que fai anos xogaba de forma diferente. É un estudioso, está bastante enfermo co fútbol (risas). O máis importante é que o equipo confíe nas ideas de Luis César. Se o contratan a el é por algo. Ser o adestrador con máis partidos na categoría é por algo”.

Borja segue pendente da absolución no Caso Oikos ao que Tamén se referiu : “Estou bastante canso do tema, ao final sigo esperando cando debería estar traballando, tranquilo, e liberado de todo esto. Que eu non fixen nada".

A actualidade deportiva con Pedro Pablo Alonso.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí