CRTVG

Buscar

Ao Contraataque

Jonny Otto: "Gustaríame volver ao Celta, pero non sei cando"

08/09/2020 - 23:15 h

O vigués Jonny Otto xogou onte Ao Contraataque. O actual xogador do Wolverhampton recupérase nestes momentos dunha grave lesión de xeonllo que o terá apartado dos terreos de xogo ata o mes de febreiro e explicou as suas sensacións:

"O club trátame moi ben. Opereime en Vigo co Doutor Cota. A data de retorno non será en menos de seis meses que se cumprirán en febreiro"

"É normal no nivel que estamos que o equipo asine xogadores para ser titulares. Agora soamente penso na miña recuperación"

"Claro que boto de menos o Celta. É a miña casa, opereime agora alí. Fixen a rehabiltación coa xente do Celta . Sempre me dixeron que teño as portas abertas. Gustaríame voltar pero non sei cando”

A actualidade deportiva con Pedro Pablo Alonso.