CRTVG

Buscar

Ao Contraataque

Oscar García Junyent: "Aspas para nós é igual de importante que Messi para o Barcelona"

09/06/2020 - 23:02 h

O adestrador do Celta, Óscar García Junyent, xogou onte Ao contraataque.

Analizou o retorno á liga e loou a figura de Iago Aspas: "Iago é un xogador diferencial. Se non xoga, nótase. Para nós é igual de importante que Messi para o Barcelona. Fisicamente está para xogar tres partidos por semana, pero hai que ir falándoo. Está moi concienciado de todo o que xogamos. Para min é máis fácil convocar 23 xogadores e que poida facer cinco trocos, pero esta norma beneficia os grandes. Acabo contrato o 30 de xuño, pero traballo para quedar moitos anos. Temos que centrarnos en gañar o primeiro partido. Estou concienciando os xogadores en que isto vai ser moi rápido. Pione non fai nada con maldade. Recibiu unha educación diferente. Hai que entendelo. Sabemos que pode dar moi bo rendemento".

A actualidade deportiva con Pedro Pablo Alonso.