CRTVG

Buscar

Ao Contraataque

Luis Fernández: "A sensación de marcar é a mesma con público ou sen el"

08/06/2020 - 23:18 h

O dianteiro da Mariña Luís Fernández xogou onte Ao contraataque.

O actual xogador do Asteras Trípoli retomou a liga grega esta pasada fin de semana marcando un gran gol de falta directa:

Xogamos a domicilio e con normalidade dentro do que estamos a pasar. A sensación de marcar é a mesma con público ou sen público. Estamos xogando no grupo por eludir o descenso, pero aínda teríamos opcións de ir a Europa. Estou moi contento coa experiencia, viña de pasalo moi mal en España e vir foi unha boa decisión. É certo que Emre Mor non xogou apenas no Olympiacos. Non sei os motivos. Paréceme un xogador increíble pero algo ten que facer mal para non ter oportunidades.

A actualidade deportiva con Pedro Pablo Alonso.