Ao Contraataque
Iago Aspas: "Non tiro a toalla nin con Europa nin coa selección"
O dianteiro moañés do R. C. Celta, Iago Aspas, xogou a pasada noite 'Ao contraataque' na Radio Galega para analizar a actualidade do equipo vigués.
Aspas recoñeceu a dificultade de poder xogar en Europa a próxima temporada, mais, restando 9 xornadas de liga non quere pechar a porta a poder entrar entre os 7 primeiros.
Así mesmo, o atacante galego non quere renunciar a poder estar na próxima Eurocopa malia non contar para Luis Enrique nas últimas convocatorias da selección.