CRTVG

Buscar

Ao Contraataque

Vero Boquete: "Todas estamos esperando o equipo feminino do Celta. Sería unha gran noticia para o fútbol galego"

08/03/2021 - 23:43 h

A xogadora santiaguesa do AC Milan, Verónica Boquete, xogou onte 'Ao contraataque' para analizar os seus primeiros meses como xogadora dun dos grandes equipos do continente europeo.

Boquete recoñeceu estar feliz en Italia e apostou por seguir traballando a prol do crecemento e recoñecemento do deporte feminino.

A actualidade deportiva con Pedro Pablo Alonso.