CRTVG

Buscar

Ao Contraataque

Luis César: "Hai moitos xogadores por debaixo do seu nivel"

07/11/2019 - 23:01 h

O técnico do Deportivo, Luís César Sampedro, xogou onte Ao contraataque.

O vilagarcián amosou o seu convencemento sobre a melloría do equipo nas próximas datas, apelou a un problema futbolístico mesturado co anímico para explicar este mal inicio de temporada e expresou o seu convencemento para poder sacar a situación adiante. Ademais, volveu ser ambicioso e referiuse ao ascenso como o obxectivo do equipo, pese á complicada situación clasificatoria.

Ademais, o técnico herculino recoñeceu que non lle gustaron as declaracións de Christian Santos na xornada de onte e aludiu ao baixo nivel individual dalgún xogador para explicar este mal inicio de temporada.

A actualidade deportiva con Pedro Pablo Alonso.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí