Ao Contraataque
Moncho Fernández: "Non tiven dúbidas, Obradoiro sempre foi unha prioridade para min"
O adestrador do Obradoiro CAB, Moncho Fernández, xogou 'Ao contraataque' para analizar a súa ampliación de contrato co equipo santiagués ata 2023.
Moncho amosou a súa ledicia por poder dirixir dous anos máis o equipo do seu corazón, recoñeceu que a pasada temporada foi a máis difícil dende que está no banco do Sar e situou de novo a permanencia do equipo en ACB como obxectivo básico con vistas á próxima campaña.