CRTVG

Buscar

Ao Contraataque

Fran Vázquez: "Eu vou por detrás de Fernando Romay porque el foi quen marcou o camiño"

07/05/2020 - 21:02 h

O chantadino Fran Vázquez anunciou onte a súa retirada e pola noite xogou Ao contraataque. Preguntado por se se consideraba o mellor xogador galego da historia o xogador de baloncesto sinalaba a outro histórico: 

Eu vou por detrás de Fernando Romay porque el foi quen marcou o camiño. Estou moi contento coa miña carreira, non me arrepinto de non ter marchado á NBA pero elixín estar coa familia e estou contento coa decisión. Ao final non puiden xogar en Galicia como profesional pero puiden enfrontarme a equipos galegos e estou moi orgulloso

A actualidade deportiva con Pedro Pablo Alonso.