CRTVG

Buscar

Ao Contraataque

Caetano Horta: "Estar nos Xogos sería cumprir un soño de maneira moi prematura"

07/04/2021 - 23:48 h

O remeiro galego, Caetano Horta, xogou onte 'Ao contraataque' na previa da súa participación no campionato de Europa.

Horta, que participa no dobre lixeiro xunto a Manel Balastegui, ten neste campionato continental a oportunidade de selar o seu billete cara aos Xogos de Toquio.

Se a embarcación española queda entre as 8 primeiras do europeo, Caetano Horta será o remeiro que acompañe a Manel Balastegui no dobre lixeiro español en Toquio.

A actualidade deportiva con Pedro Pablo Alonso.