CRTVG

Buscar

Ao Contraataque

Albert Lopo: "Fernando Vázquez é a persoa idónea para sacar o Dépor desta situación"

07/01/2020 - 23:19 h

O que foi capitán do Deportivo Albert Lopo xogou onte 'Ao contraataque'.

O catalán coincidiu con Fernando Vázquez a temporada do último ascenso a Primeira e defendeu a elección do de Castrofeito: "Fernando é desas persoas que che levan ao seu terreo, no bo sentido, que fai que vexas as cousas mellor de como as vés. Saca o mellor de ti. Estou convencido de que é a persoa idónea para sacar ao club desa situación".

Un Albert Lopo que se amosou confiado arredor do futuro do equipo herculino: "Cando entras nesa roda en que todo vai mal e non albiscas unha saída... é complicado. Por sorte, dentro do mal que se fixo na primeira volta, o equipo está a 4 puntos de saír dodo descenso".

A actualidade deportiva con Pedro Pablo Alonso.