Ao Contraataque
Pepe Pozas: "Creo que foi unha decisión valente, necesitaba probar outras cousas"
O excapitán do Obradoiro, Pepe Pozas, xogou 'Ao contraataque' para analizar a súa saída do equipo santiagués despois de 7 temporadas.
O xogador malagueño puxo en valor a figura do adestrador Moncho Fernández e manifestou o seu convencemento de que o proxecto obradoirista será sólido nesta nova temporada.