CRTVG

Buscar

Ao Contraataque

Luis Fernández: "Sempre é bonito poder marcar, e máis despois de loitar tanto por regresar ao fútbol profesional"

06/07/2020 - 23:31 h

O dianteiro galego do Asteras Trípolis grego, Luis Fernández, xogou Ao contraataque para analizar o seu primeiro triplete no fútbol profesional.

Para o dianteiro da Mariña, os tres goles supuxeron unha gran ledicia e o froito dun duro traballo durante anos.

Fernández non quere pensar agora no sseu futuro e simplemente ten a mente posta en poder alcanzar o séptimo posto ligueiro nas dúas xornadas que restan de campionato.

A actualidade deportiva con Pedro Pablo Alonso.