CRTVG

Buscar

Ao Contraataque

Luis Moya: "Estou tremendamente orgulloso do acadado na miña carreira e de facelo ao lado do mellor, como é Carlos Sainz"

06/05/2020 - 21:37 h

Luis Moya xogou onte Ao contraataque tras o nomeamento de Carlos Sainz, do que Moya era copiloto, como mellor piloto da historia do mundial de rallys: 

Carlos era o mellor, sen lugar a dúbidas. Eu nunca falarei de min como o mellor. Copilotos hai moitos, pero Carlos era o número un. Cando nós competiamos, España non triunfaba no mundo do deporte, non eramos campións do mundo de fútbol e baloncesto; non existían nin Nadal, nin Gasol nin Fernando Alonso. Nós eramos portada dos telexornais e dos diarios. Estou tremendamente orgulloso do acadado na miña carreira e de facelo a carón do mellor, como é Carlos Sainz

A actualidade deportiva con Pedro Pablo Alonso.