Ao Contraataque
Jabato: "O obxectivo é sermos competitivos e que o rival teña que suar a camiseta para nos gañar"
O adestrador do Club Cisne Balonmán, Javier Fernández, Jabato xogou 'Ao contraataque' na previa do partido que enfronta esta tarde o equipo pontevedrés co Ademar León na 20ª xornada da Liga Asobal.
O técnico do conxunto galego é consciente da dificultade do reto de poder puntuar nunha das canchas máis complicadas da categoría e reiterou que o máis importante é que os seus xogadores logren competir ao cen por cento durante os 60 minutos de partido.