Ao Contraataque
Mostovoi: "Non sei se fixo ben, pero comprendo a Smolov"
O mito do celtismo, Alexander Mostovoi, xogou onte Ao contraataque. O ruso falou da fuga do seu compatriota Smolov cara ao seu país:
Non sei se fixo ben, pero comprendo a Smolov. Chegou hai pouco, é duro estar só e ademais agora sen poder saír de casa
Tamén se referiu ao nivel amosado polo seu compatriota no Campionato de Liga:
Comezou moi ben, pero nótase que lle falta algo. Está facendo poucas cousas co balón e fisicamente non estaba no mellor momento