CRTVG

Buscar

Ao Contraataque

Diego Martínez, nas semifinais da Copa co Granada: "O rival que nos toque que sexa co que pasemos"

06/02/2020 - 23:11 h

O adestrador vigués do Granada Diego Martínez xogou onte 'Ao contraataque'.

O técnico acaba de clasificar o Granada para as semifinais da Copa do Rei e quere seguir gozando do momento do cadro nazarí: "Estou orgulloso de todos os xogadores, porque están dando o mellor de si mesmos. En contrapartida, está o tema da fatiga. A Copa é isto. É difícil gañar en todos os campos. Todo pode pasar e orgulloso do meu equipo por afrontar estas situacións. O rival co que nos toque que sexa co que pasemos".

A actualidade deportiva con Pedro Pablo Alonso.