Ao Contraataque
Ander Cantero: "O Espanyol é un equipo 'fóra de categoría' pero nós chegamos con moita ilusión e fame"
O porteiro do Club Deportivo Lugo, Ánder Cantero, xogou Ao Contraataque para analizar o partido ligueiro do sábado fronte ao RCD Espanyol, líder sólido da categoría.
Cantero recoñece a dificultade de puntuar fronte a un conxunto que no primeiro cuarto do campionato demostrou ser moi eficaz ofensivamente e sólido na liña defensiva.
Porén, o porteiro do equipo lucense é consciente de que o encontro chega para o equipo galego no mellor momento da tempada, con cinco encontros consecutivos sen coñecer a derrota, e amosando moita solidez tanto defensiva como ofensiva.