CRTVG

Buscar

Ao Contraataque

Jose Ángel Docobo, presidente de honra do Obradoiro: "Hai trinta anos non contabamos con chegar ata aquí"

05/10/2020 - 23:45 h

Onte o Obradoiro estivo de 50 aniversario, e o seu presidente de honra, Jose Ángel Docobo, xogou Ao contraataque:

"É un día moi especial, hai trinta anos non contabamos con chegar ata este aniversario. Houbo bastantes momentos bos, como o ascenso á maxima categoría no 1972, o frustrado ascenso do 90, chegar á ACB no 2009 e a actualidade. O momento máis duro foi cando collemos o equipo no 1999, que estaba case en estado de defunción. Foron anos moi intensos xudicialmemte".

"O vello Sar foi un recinto emblemático. Ao novo Sar eu chamáballe 'a terra prometida'. O problema secular do Obradoiro sempre foron os problemas económicos. O importante é dotar de estabilidade o club, nunca se sabe o que pode pasar, mira Manresa, que conseguiu gañar unha liga".

A actualidade deportiva con Pedro Pablo Alonso.