CRTVG

Buscar

Ao Contraataque

Gonzalo García 'Recoba': "Óscar García é un grande adestrador"

04/11/2019 - 23:02 h

O galego Gonzalo García 'Recoba', actual adestrador do Twente na Eredivisie, xogou onte Ao contraataque.

O santiagués de orixe uruguaio foi adestrado por Óscar García Junyent no Maccabi Tel Aviv e avalou o novo técnico do Celta: "Non me sorprende o nomeamento de Óscar García, porque xa estivo en grandes equipos. A forma de xogar con el é sempre estilo Barcelona. Non sei aí como vai ser capaz de levala a cabo. Ten moi claro o que quere e non vai ter ningún problema, realmente creo que é un grande adestrador, non vai ter problemas para facer as cousas ben. Sabe do que fala".

A actualidade deportiva con Pedro Pablo Alonso.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí