Ao Contraataque
Diego Ríos: "Aínda non fun capaz de ver o último partido de liga do Palau. Foi moi cruel"
O adestrador subcampión da liga de futbol sala, Diego Ríos, xogou onte Ao contraataque. O lugués, que foi nomeado o mellor adestrador da Liga, tamén foi homenaxeado en Foz o pasado martes na previa do partido que enfrontou o Lugo e o aCoruxo: "Moi agradecido e sorprendido pola homenaxe de onte. Un detalle que non esquecerei porque teño moitos vínculos con Foz. Sigo moito tanto ao Lugo coma o Breogán".
Así falaba tamén do partido de Foz: "O de onte era pretemporada. Seguro que o equipo alcanzará mellor nivel para o inicio da liga".
E do triste final de tempada pasada no que non puido proclamarse campión: "Aínda non fun capaz de ver o último partido de liga do Palau. Non rematei cabreado, pero si moi triste, porque o tivemos moi cerca. Foi moi cruel. Sabemos que o listón está moi alto. Tentaremos facer o mesmo que este ano".