CRTVG

Buscar

Ao Contraataque

Paco Jémez: "O fútbol é un deporte de risco, pero non vale todo"

05/05/2020 - 21:18 h

O adestrador do Raio Vallecano, Paco Jémez, xogou onte Ao contraataque

O ex-deportivista expresou o seu parecer sobre o retorno do fútbol:

Aínda estamos conmocionados por todo o que se está vivindo pero o país ten que seguir camiñando. A situación está mellorando, pero todo está agarrado con pinzas porque os tempos non os marcamos nós, márcaos o virus. O fútbol é unha profesión de risco, pero non vale todo. Non podemos facer o que se está facendo en Alemaña. Hai que tentar levar o protocolo ao máximo nivel. Eu respectaría que un xogador dixera que non está seguro e que sinta que a súa saúde está en xogo. Hai que entendelo e respectalo.

A actualidade deportiva con Pedro Pablo Alonso.