Ao Contraataque
O Celta interésase no posible regreso a Vigo do dianteiro galego do Alavés, Joselu Mato.
Analizamos con Víctor López e Jose Valtierra o interese do R. C. Celta no dianteiro galego do Alavés, Joselu Mato, con vistas á próxima temporada.
O atacante quedaría libre en caso de descenso do equipo vitoriano a Segunda División, e só nesas circunstancias chegaría a Vigo para reforzar a liña ofensiva do conxunto celeste.