Ao Contraataque
Joselu: "Estou gozando moito"
O dianteiro de Silleda Joselu Mato está sendo unha das sensacións da Primeira División, con nove goles anotados co Alavés , loitando por ser o Zarra da categoría.
Onte xogou 'Ao contraataque': "Ao final son un trotamundos. Teño a oportunidade de estar aquí e estou gozando moito. Teño que aproveitar todo isto. Colectivamente e persoamente as cousas están saindo ben. A idea é manter esta liña e conseguir os obxectivos do equipo canto antes".
O ex do Celta e do Dépor tamén se referiu aos seus ex-equipos: "O Celta fichou xogadores importantes, de boa calidade. Pero ao mellor non era o momento para facer ese tipo de fichaxes, dese perfil. Alégrome moito de que o Dépor retomara o bo camiño. Estiven moi pendente, son momentos moi difíciles. Pero, ao final, o fútbol é bonito por todo isto. Un equipo que estaba case morto consegue sobrevivir".