Ao Contraataque
Hugo Mallo: "Aposto a que remataremos entre os dez primeiros"
O capitán do Celta Hugo Mallo xogou onte “Ao Contraataque”.
O de Marín fixo balance da súa carreira no conxunto vigués , co que xa chegou a cifra dos 351 partidos co primeiro equipo : “Para min é un orgullo. Estoume centrando en facer o mellor ano posible. Xa se verá se podo chegar a ser un one club man”.
O lateral céltico amosou a súa confianza no equipo e louvou o estilo do novo adestrador Óscar García: “Somos conscientes de que a cousa non está ben de todo. Estamos aínda en postos de descenso. Confío no equipo. Temos partidos moi importantes agora. Imos saír de aí seguro. O estilo de Óscar vai da man do plantel ”.
Ademáis o capitán celeste apostou por rematar entre os dez primeiros ao remate sa competición ligueira.