Ao Contraataque
Rubén Albés: "Fixemos o ridículo. Non estivemos á altura"
O Club Deportivo Lugo conseguiu onte unha nova derrota na súa pretemporada ao caer goleado ante o Coruxo (3-0) no torneo Vila de Foz.
En Ao contraataque analizamos esta dura derrota e escoitamos as declaracións do adestrador albivermello Rubén Albés moi cabreado polo amosado polo seu equipo: "Fixemos o ridículo. Non estivemos á altura. A mensaxe é moi clara para todo o mundo. A competición xa está aí. Non é un problema de actitude é de relaxación. Non saímos coa predisposición necesaria para afrontar un partido".