CRTVG

Buscar

Ao Contraataque

Tino Saqués: "Non é o momento para que entren os afeccionados aos campos"

04/06/2020 - 23:01 h

O presidente de Club Deportivo Lugo, Tino Saqués, xogou onte Ao contraataque e referiuse ás posibilidades de volver a ter fútbol con afeccionados: "Non é o momento para que entre público aos campos. Sería un atrevemento e tamén aventurado. Que retorne a competición e que vaia todo ben. Cando todas as comunidades cheguemos á fase 3 xa se verá. Nós sempre pensamos que o ideal era retomar a competición. Imos propoñerlle aos sócios do Lugo unha opción semellante á do Celta, con varias posibilidades, entre elas o reembolso e unha tarxeta monedeiro. Xa temos debullado con todos os xogadores que rematan contrato a súa prórroga ata o final de temporada".

A actualidade deportiva con Pedro Pablo Alonso.