Ao Contraataque
Emilio Fernández, vicepresidente do Liceo: "Xogar en Portugal é algo que, ao mellor, temos que facer nun futuro"
O vicepresidente do Liceo, Emilio Fernández, xogou onte Ao contraataque.
O directivo liceísta expresou a súa discrepancia coa decisión da Federación de dar por pechada a competición proclamando o Barcelona coma campión:
Queremos xogar con público ou sen público. O mesmo que tamén quería o Barcelona e a Asociacion de Clubs. O ano que ven imos vivir unha situación excepcional en todos os deportes. Todos os rivais son de Cataluña e só o Barcelona podería competir nas nosas condicións de gasto se a situación fose ao revés. A posibilidade de xogar en Portugal é algo que ao mellor temos que facer no futuro