Ao Contraataque
Belén Toimil: "Estou nunha nube. Con vistas á final non me quero presionar"
A atleta mugardesa, Belén Toimil, xogou onte 'Ao contraataque' despois de se clasificar para a final da proba de lanzamento de peso do Campionato de Europa de Pista Cuberta.
Cun único lanzamento de 18,64 metros Toimil alcanzou posto de finalista rebentando o anterior récord de España (17,94) e superando a marca mínima (18,50) para estar o próximo verán nos Xogos Olímpicos de Toquio.