CRTVG

Buscar

Ao Contraataque

David Costas: "Atinei saíndo do Celta"

04/03/2020 - 23:16 h

O actual xogador do Almería David Costas enfrontarase ao Deportivo este próximo bado.

O de Chapela xoga no conxunto andaluz cedido polo Celta  aínda que recoñeceu en Ao contraataque que non pensa no retorno a Vigo: "O club tiña unha decisión tomada, quería reforzar a defensa e un dos centrais tiña que sair. Eu era o terceiro central e as miñas opcións reducíanse moito. Ao final tomei a dianteira e acertei na decisión. Se ascendemos seguirei aquí ".

Un Costas que recoñeceu que será especial xogar ante o Depor: "Sempre é especial xogar contra o Dépor. É certo que nos están custando os últimos partidos, pero o noso obxectivo segue a ser o ascenso directo".

A actualidade deportiva con Pedro Pablo Alonso.