Ao Contraataque
Jonny Otto: "O Celta sempre será a miña casa"
O xogador galego do Wolverhampton, Jonny Otto, xogou onte 'Ao contraataque' para analizar o seu inminente regreso aos terreos de xogo unha vez superada unha grave lesión de xeonllo.
O futbolista galego non pechou a porta a un futuro regreso ao R. C. Celta, pero considera que tendo contrato cos Wolves ata 2023 aínda non é o momento de regresar ao equipo celeste.