CRTVG

Buscar

Ao Contraataque

Iván Feijoo: "En 2021 tentaremos mellorar o sexto posto"

04/02/2020 - 23:49 h

O ciclista alaricán Iván Feijoo xogou onte 'Ao contraataque'.

Vén de ser sexto no mundial de ciclocrós disputado en Suíza esta pasada fin de semana na súa categoría sub-23: "Foi unha moi boa carreira, estou moi contento pola posición. As carreiras son as carreiras, nunca se sabe o que pode pasar. O circuíto era moi duro".

A temporada xa está finalizada para Feijoo, que xa pensa na próxima temporada de ciclocrós, a súa grande especialidade: "Agora rematamos tempada. Toca parar, recargar as pilas e volver empezar. Ímonos centrar no ciclocrós a tope, que é o último ano de sub-23. O obxectivo vai ser superar ese sexto posto. Xa veremos se logo hai tempo para probar o ciclismo de estrada".

A actualidade deportiva con Pedro Pablo Alonso.