CRTVG

Buscar

Ao Contraataque

Javier Clemente: "A Miñambres non lle está indo moi ben no Celta"

03/12/2020 - 23:10 h

O exseleccionador nacional Javier Clemente xogou onte Ao contraataque para analizar o partido desta noite entre o Athletic Club de Bilbao e o R. C. Celta na 12ª xornada de liga na primeira división.

O técnico de Barakaldo agarda un partido moi axustado e condicionado polas urxencias clasificatorias dos dous equipos despois dun irrregular inicio de temporada.

Así mesmo, Clemente loou a figura de Iago Aspas, valorou o paso de Eduardo Berizzo polo Athletic Club e analizou a figura do director deportivo do R.C. Celta, Felipe Miñambres, a quen dirixiu como futbolista na selección española.

A actualidade deportiva con Pedro Pablo Alonso.