CRTVG

Buscar

Ao Contraataque

Carlos Mouriño: "Non pensamos en saídas , pensamos en traer alguén para complacer ao adestrador"

03/12/2019 - 23:01 h

O Celta viviu onte a súa Xunta Xeral de accionistas e trala mesma compareceu o Presidente Carlos Mouriño.

O máximo mandatario vigués recoñeceu que o club ten previsto acudir ao mercado invernal: “Non pensamos en saídas, pensamos en traer alguén para complacer ao adestrador”.

Ademáis o Presidente céltico referiuse o Caso Santi Mina no que avisou que o club terá tolerancia cero pero que respetará a presunción de inocencia ata que haxa unha sentenza xudicial e analizou o resto de aspectos da actualidade do conxunto olívico.

En “Ao Contraataque” escoitamos ao mandatario vigués e analizamos as súas palabras mailo acontecido na Xunta Xeral con Roberto Carlos Carballo e Víctor López.

A actualidade deportiva con Pedro Pablo Alonso.