CRTVG

Buscar

Ao Contraataque

Carlos Canal: "Sinto unha mestura de envexa e ilusión por poder estar algún día correndo a Volta

03/11/2020 - 23:51 h

O ciclista galego do Burgos Bh xogou Ao contraataque para analizar o paso por Galicia da Volta a España na súa edición de 2020.

Para o corredor ourensán, o nivel da Volta está sendo moi alto, xa que este ano houbo poucas carreiras e todos os ciclistas intentan chegar ao cen por cento nas poucas probas que existen no calendario.

Así mesmo, Canal sinalou que o final da etapa de hoxe en Ourense vai ser moi duro e sorprendente, tanto para os ciclistas como para os espectadores.

A actualidade deportiva con Pedro Pablo Alonso.