CRTVG

Buscar

Ao Contraataque

Lampropoulos, o defensa internacional do Deportivo, logo da derrota en Montilivi: "Pido perdón aos afeccionados"

03/10/2019 - 23:22 h

O Deportivo caeu con estrépito en Xirona e ao remate do partido varios xogadores herculinos pedirón perdón aos afeccionados ante os micrófonos de Ao contraataque. O máis contundente foi o grego Lampropoulos, consciente de que un erro seu propiciou o terceiro gol catalán: "Quero pedir perdón a todos os afeccionados por ese erro no terceiro gol. É culpa miña. Tamén quero pedir un favor aos afeccionados, necesitamos que estean xuntos con nós no próximo partido".

En termos similares tamén falou o central cedido polo Atlético de Madrid Javier Montero: "Pido desculpas á xente polo equipo. Non estamos dando a nosa mellor versión. Vai por xeiras e tocounos a mala. Hai que agardar que veñan vitorias pronto".

Coa derrota de onte o conxunto herculino xa suma sete xornadas sen gañar e ocupa a penúltima posición da clasificación da Segunda.

A actualidade deportiva con Pedro Pablo Alonso.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí