Ao Contraataque
Lucas Olaza: "A continuidade no Celta non depende de min"
O xogador do Celta Lucas Olaza xogou onte “Ao Contraataque”.
O uruguaio está consolidado no lateral esquerdo do equipo vigués é Renata a súa cesión en Vigo ao remate da temporada: “A continuidade no Celta non depende de min. Eu estou moi contento aquí e moi agradecido ao Celta e aos meus compañeiros polo trato que teñen comigo. A cuestión depende de Boca e do Celta, pero agora hai que estar enfocados en salvar a categoría”.
Sobre a situación do equipo, o céltico amosou o seu convencemento en saír dos postos baixos da táboa: “Agora estamos polo bo camiño, a situación non é doada, queda moito traballo por facer, estamos sacando bos resultados e temos que seguir por este sendeiro”.