CRTVG

Buscar

Ao Contraataque

Rafael Louzán: "Estamos traballando na volta da selección galega"

03/02/2020 - 23:02 h

O presidente da Federacion Galega de fútbol Rafael Louzán xogou onte 'Ao contraataque' e recoñeceu que dende Futgal traballan no regreso da selección galega: "Iso queremos e niso estamos traballando. Se fose doado, todo o mundo sabe que xa estaría en marcha. Este ano 2020 - 2021 estará aí. É un proxecto que hai que facer ben, sobre todo para que non teña repercusións negativas".

O rexedor do fútbol galego recoñeceu contactos co Paraguai que adestra o ex-céltico Berizzo para que se converta no rival da Irmandiña: "Berizzo é unha persoa extraordinaria á hora de abrirnos esa posibilidade (xogar co Paraguai). Falta unha reunión máis para coordinar esta función que queremos poñer en marcha".

A actualidade deportiva con Pedro Pablo Alonso.