CRTVG

Buscar

Ao Contraataque

O Cisne camiño da Asobal

02/12/2019 - 23:46 h

O Club Cisne Balonmán é a nova máis positiva que está deixando o balonmán galego esta temporada.

O equipo pontevedrés, club básicamente de canteira, é o líder actual da División de Prata o que significaría o ascenso á Asobal ao remate da temporada.

O seu presidente Santi Picallo xogou onte “Ao Contraataque”: “Non era esperado. Somos o segundo equipo da cidade. As contas que botamos son as da salvación. A liga é moi igualada. Hai que darlle mérito aos xogadores”.

A actualidade deportiva con Pedro Pablo Alonso.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí