Ao Contraataque
Óscar Gª: "Teño a conciencia tranquila. Vou de cara. Sobre o tema de Hugo Mallo xa dixen que non era por capricho"
O adestrador do Celta, Óscar García Junyent, xogou onte Ao contraataque no momento en que o seu posto está máis discutido:
"Eu vou de cara con todo o mundo, durmo tranquilo, teño a conciencia tranquila, non falo con representantes, falo cos xogadores. Non teño nada que agochar, non perdo o tempo pensando se pode ser o meu último partido ou non, oxalá non o sexa, porque iso signifiría que o Celta sacou un resultado positivo e iso é o que me interesa por riba de todo".
"Ninguén do club me comentou nada sobre a miña continuidade, pero eu sei como funciona o fútbol, que moitas veces o adestrador é o último en enterarse. Nun ano pasan moitas cousas. Cando houbo algo que non me gustou, faleino co presidente, el deume a súa opinión e eu dinlle a miña e xa está".
"Sobre o tema de Hugo Mallo non vou airear cousas de dentro do vestiario. Xa dixen que non era por capricho".
"Para min o club debería empezar a pensar en facerlle unha estatua a Iago en Balaídos ou cambiar o nome, porque é un rapaz do que só podo ter palabras de eloxio".