Ao Contraataque
Mari Paz Vilas: "Non houbo oferta do Deportivo"
Mari Paz Vilas xogou onte Ao contraataque. A dianteira de Vilagarcía fichou polo Betis esta semana deixando atrás a capitanía do Valencia Club de Fútbol: "Tiven que decidir polo proxecto deportivo que máis me chamaba a atención. O Betis está facendo un moi bo equipo, era o que máis ilusión me facía a nivel deportivo. Sabíamos que o Deportivo tiña unha gran dianteira, non me chegou unha oferta sólida como tal. O Real Madrid non precisa presentación. Xa o ano pasado xerou moita expectación. É importante que o fútbol feminino medre, este era un paso importante e necesario".