CRTVG

Buscar

Ao Contraataque

Roi Sánchez: "Se quería dar un paso máis na miña carreira, é unha oportunidade que non podía deixar pasar"

02/02/2021 - 23:41 h

O adestrador vigués de balonmán, Roi Sánchez, xogou 'Ao contraataque' na Radio Galega para analizar a súa fichaxe polo TVB Stuttgart da Bundesliga alemá.

O adestrador galego, que dende o 2017 dirixe o equipo filial do F. C. Barcelona, incorporarase á disciplina do conxunto xermano a comezo da próxima temporada e afronta o reto convencido de poder triunfar á fronte dun proxecto ambicioso na mellor liga do mundo

A actualidade deportiva con Pedro Pablo Alonso.