CRTVG

Buscar

Ao Contraataque

Cata, secretario técnico do Osasuna: "Para vender sempre hai tempo"

02/01/2020 - 23:02 h

Osasuna convertiuse nunha das grandes revelacións da temporada. E o seu secretario técnico, o galego Jose Antonio Prieto “Cata” xogou onte “Ao Contraataque”.

Gran coñecedor do mercado futbolístico, o actual membro da dirección deportiva navarra analizou a posible venda do céltico Lobotka ao Nápoles: "como dicía meu avó: a vender unha leira sempre hai tempo, hai que sacar un bo prezo porque non a podes vender máis". O equipo de Pamplona será o próximo rival do Celta.

Cata tamén se referiu a situación clasificatoria dos vigueses: “en agosto non metía ao Celta nos postos de pasar estes apuros. A priori, é un equipo que se ten unha xeira de resultados, ten argumentos de sobra para saír de aí".

A actualidade deportiva con Pedro Pablo Alonso.