CRTVG

Buscar

Destacados

A xunta de accionistas do Deportivo e o Burela-Parrulo de Copa, na web da RG

13/01/2020 - 21:00 h

A semana ven ateigada de acontecementos deportivos na Radio Galega.

O martes, a partir das sete menos cinco da tarde, Paco Santos conduce a través da web da Radio Galega a retransmisión da xunta na que os accionistas do Deportivo elixirán ao novo consello de administración. Ademais, o pavillón de Vista Alegre acolle o derbi da Copa do Rei de fútbol sala entre o Burela e o Parrulo Ferrol. Os dous eventos tamén terán presenza na emisión de FM, ás oito e media do serán na Crónica dos Deportes e ás once da noite no Contraataque.

O mércores, desde as oito menos cuarto pola FM, TDT e web, a atención estará posta no Raio Vallecano-Lugo, de Segunda División A. Ademais xóganse o Racing-San Sebastián de los Reyes, de Segunda B, e o Somozas-Arenteiro, de Terceira.

A xornada de Segunda continúa o xoves, co Deportivo-Racing de Santander. O Galicia en Goles principia ás sete menos cuarto da tarde e prolongarase ata as dez da noite.

Cortes dos diferentes programas da RG