CRTVG

Buscar

A Tarde

De belén en belén por Galicia adiante: Ferrol, Valga e Begonte

07/12/2021 - 16:20 h

Iniciamos percorrido polos beléns máis curiosos. Primeiramente, facemos parada no belén da Orde Terceira de Ferrol, o “decano” de Galicia. Ana Martín, voluntaria e filla do creador, fálanos de como os cativos se agochan baixo do Nacemento para mover, a través dun sistema de fíos, as figuras móbiles situadas enriba. Todo iso acompañado dunha narración oral e sempre con oco para a improvisación. 

Seguidamente, viaxamos a Valga, cuxo belén ten arredor de 4.000 figuras. MªCarmen Castiñeiras, presidenta da Asociación de Amigos do Belén de Valga, adiántanos cales son as novas figuras de actualidade que incorporarán este ano. 

Por último, Xulio Xiz presume de belén de Begonte (ou, ‘Begonte do Belén’), que está a piques de celebrar o 50º aniversario e que recolle os labores tradicionais da Terra Chá.


 

 

Revista de información e entretemento