A Tarde
Un exemplo de solución ao desperdicio alimentario: calidade asegurada e a prezo reducido
Ducias de negocios fan fronte ao desperdicio alimentario a través da plataforma Too Good To Go. Un exemplo é a froitería Mercado Verde.
Linda Pérez: "Sempre tratamos de ter produtos do país"
Abriu hai un ano na zona da Porta do Camiño en Santiago de Compostela. Os seus propietarios son Linda Pérez e Ashraf Hilal. Conversamos con eles da man de Raúl Villares.
Ashraf Hilal: "O noso primeiro medo era que facer coa froita que quedaba na tenda"
Ofrecen a prezo reducido os produtos que non venderon ese día a través dunha aplicación móbil. Recoñecen que sempre é froita sa.